Páxinas

29/12/10

Arredor da lectura

Gustaríame recomendar, se non a coñecedes xa, a presentación de romanlandin de 28 de decembro de 2010: "Arredor da lectura", no seu blogue

Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Así, de paso, podedes revisar outras presentacións útiles (e non só para a ESO), enlaces, recursos, materiais e ferramentas para participar nunha rede colaborativa e facer as nosas aulas máis amenas, dinámicas e eficaces.
Tendes un enlace desde aquí ou no menú da dereita en BITÁCORAS PARA VISITAR

Artur Noguerol e Rosa María Ramírez nas Xornadas PLURILINGÜISMO CLIL 3.0


Artur Noguerol é doutor en Filoloxía Románica Hispànica.Participou na elaboración de todos os currículos oficiais da Generalitat de Catalunya das áreas lingüísticas desde os programas renovados dos anos 80 aos actuais da LOE. Co seu permiso, por suposto, quero deixarvos aquí a súa presentación nas Xornadas Plurilingüismo CLIL 3.0 de decembro de 2010.